Skip to main content
Vilalba

O PP de Vilalba urxe ao Concello a correxir o atraso no pago de facturas

Por 29 Abril, 2022Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular de Vilalba condena “o atraso por parte do goberno local no pago de facturas a pequenos autónomos e empresas locais que son provedores do Concello” e, polo tanto, urxen ao goberno  socialista “a corrixir esta situación o antes posible”.

A voceira, Sandra Vázquez, sinala que “hai pequenos autónomos e empresas vilalbesas con facturas pendentes de cobro dende o mes de xaneiro. É unha situación prexudicial e totalmente inxusta para os pequenos empresarios que teñen que facer fronte á actual subida xeneralizada dos prezos da enerxía e do combustible, entre outros”.

Os populares chaman de novo a atención ao goberno local “tralas queixas recibidas pola lentitude na que se están a realizar os pagos”. Xa advertiran desta situación tamén en setembro do ano pasado.

Vázquez lamenta a falta de sensibilidade do goberno socialista coas empresas locais porque “o ano pasado tardou en pagar as axudas do plan municipal de rescate para os afectados pola pandemia que este ano continúan agardando tamén polo segundo plan anunciado polo goberno cos cartos dispoñibles desa partida. O goberno local aínda non abonou aos beneficiarios esas axudas anunciadas”.

A voceira subliña tamén que se trata dun exemplo máis da “lentitude coa que o goberno xestiona tódolos ámbitos e que mantén ao Concello totalmente paralizado”. Así mesmo, recorda a necesidade de elaborar unha nota Relación de Postos de Traballo (RPT) que dea continuidade ás xestións realizadas polo anterior goberno do PP, que deixara aprobado o convenio colectivo, que recollería a incorporación de máis persoal administrativo que permitiría avanzar na tramitación de expedientes”.