Skip to main content
Xermade

O Concello de Xermade pide colaboración para equipar unha vivenda municipal

Por 16 Abril, 2022Abril 17th, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade busca equipar unha vivenda municipal para facela habitable antes do mes de maio.

Dende o equipo municipal comunicaron que toda aquela persoa que teña algún mobiliario como son electrodomésticos, útiles de cociña, mobles, roupa de fogar… e que non necesite e que queira doar para este fin pode facelo.

Para colaborar con esta iniciativa haberá que enviar un Whatsapp con foto do enser ao 678 744 178.

Por unha cuestión práctica, só se recollerán aquelas cousas que estén en perfecto estado para utilizar segundo se reciben, é dicir, sen necesidade de remendar, lavar, reparar….