Skip to main content
Xermade

A Biblioteca de Xermade convoca o certame das Letras Galegas

Por 17 Abril, 2022Maio 13th, 2022Sin comentarios

A Biblioteca Pública de Xermade vén de convocar a fase local do certame de narración e debuxo infantil con motivo das Letras Galegas 2022. Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2022”, en colaboración coa Biblioteca Pública de Lugo.

Este ano o certame leva por tema o seguinte: “O que pasa ao meu arredor“; e vai dirixido a nenas e nenos de 0 a 16 anos establecéndose 3 categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; e C, de 12 a 16 anos.

O prazo de presentación dos traballos rematará o 10 de maio debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal.

Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.