Skip to main content
Xermade

Xermade festexa o Día do libro con reparto de exemplares

Por 20 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade festexa estes días o Día do Libro co reparto de exemplares gratuítos que poden recollerse pola mañá no Concello e pola tarde na Biblioteca Municipal.

Este reparto de libros terá lugar os días 20, 21 e 22 de abril. Ademais, o 24, domingo, terá lugar ás 12.00 horas a presentación de Contos vellos, novos finais: Diganosticando a igualdade, que está dirixido a público infantil de 4 a 1o anos e que estará a cargo de Caxoto.

Esta actividade englóbase dentro do Pacto do Estado contra a violencia de xénero e terá lugar na propia biblioteca. Nesta sesión falarase dun novo virus que afecta á poboación, o virus de Mach, que fai que a xente vaia ao revés e que provoca a terrible enfermidade do machismo.