Skip to main content
Uncategorized @gl

Caída importante da covid na provincia pola baixada de contaxios

Por 2 Abril, 2022Abril 5th, 2022Sin comentarios

A covid inicia a fin de semana cunha caída de casos condicionado novamente polo descenso de novos contaxios e polo aumento das altas.

Hoxe hai 2.145 casos activos, 166 menos que onte, con 133 novos contaxios e 296 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 58.584 casos rexistrados e 320 persoas falecidas (unha máis que onte).

A presión hospitalaria segue sostida. Son 2 os ingresados na UCI (1 menos) e en planta se manteñen en 38, 25 están no de Lugo (2 menos), 9 na Mariña (3 máis) e 4 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

Percíbese unha caída de casos concello a concello, sen subidas importantes e con algunha baixada importante como a de Lugo, con 49 casos, Vilalba (19), Burela (11) e Outeiro de Rei (10).

O número de concellos limpos de covid cae a 3 (2 menos que onte) e son 20 os que teñen menos de dez casos (3 máis).

A Mariña

  • Alfoz: 10.
  • A Pontenova: 15 (5 menos).
  • Barreiros: 30 (2 menos).
  • Burela: 76 (11 menos).
  • Cervo: 79 (2 menos).
  • Foz: 87 (2 máis).
  • Lourenzá: 17.
  • Mondoñedo: 53 (3 máis).
  • O Vicedo: 17 (2 menos).
  • Ribadeo: 44 (5 menos).
  • Viveiro: 235 (8 menos).
  • Xove: 50.
  • Por debaixo de 10: Ourol, O Valadouro, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 13 (1 menos).
  • A Pastoriza: 22 (3 máis).
  • As Pontes: 137 (6 menos).
  • Begonte: 15 (2 menos).
  • Castro de Rei: 33 (4 menos).
  • Cospeito: 37 (5 menos).
  • Friol: 15.
  • Guitiriz: 26 (6 menos).
  • Meira: 10 (5 menos).
  • Outeiro de Rei: 44 (10 menos).
  • Rábade: 12.
  • Vilalba: 205 (19 menos).
  • Xermade: 12 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Pol e Muras.

Centro da provincia

  • Becerreá: 15 (1 máis).
  • Castroverde: 21 (5 menos).
  • Guntín: 10 (3 menos).
  • Lugo: 882 (49 menos).
  • Monterroso: 38 (1 máis).
  • O Corgo: 16.
  • Palas de Rei: 29.
  • Portomarín: 12 (4 menos).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 26 (2 máis).
  • O Incio: 12.
  • O Páramo: 11.
  • Paradela: 11 (1 menos).
  • Samos: 28 (1 menos).
  • Sarria: 106 (3 máis).
  • Sen casos nunha semana: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 10 (1 menos).
  • Chantada: 40 (5 menos).
  • Monforte: 85 (1 máis).
  • O Saviñao: 11.
  • Pantón: 16 (3 menos).
  • Taboada: 11 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.