Skip to main content
Uncategorized @gl

Continúa a caída de casos e confirman dous falecementos máis

Por 5 Abril, 2022Abril 7th, 2022Sin comentarios

A covid continúa coa súa baixada de casos activos condicionada por un elevado número de altas xa que os contaxios volven situarse por riba dos 150 diarios. Tamén hai que sumar dúas novas mortes.

Hoxe hai 1.668 casos activos, 60 menos que onte, con 166 novos contaxios e 221 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 58.918 casos rexistrados e 322 persoas falecidas (2 máis que onte).

A presión hospitalaria volve baixar. Son 2 os ingresados na UCI (1 menos) e en planta baixan ata 42 (5 menos), 29 están no de Lugo (4 menos), 9 na Mariña (1 menos) e 4 en Monforte.

POR COMARCAS

A única subida importante da xornada está en Xove, con 11 casos, e preto tamén Mondoñedo con 9. Compensan as baixadas de Lugo (56 menos), Vilalba (26) e Viveiro (14)

O número de concellos limpos de covid sobe a 4 (1 máis) e son 24 os que teñen menos de dez casos (6 máis que onte).

A Mariña

  • A Pontenova: 12 (3 menos).
  • Barreiros: 27 (1 menos).
  • Burela: 61 (8 menos).
  • Cervo: 77 (1 menos).
  • Foz: 74 (5 menos).
  • Lourenzá: 14.
  • Mondoñedo: 63 (9 máis)
  • O Vicedo: 14 (3 menos).
  • Ribadeo: 41 (3 menos).
  • Riotorto: 11.
  • Viveiro: 224 (14 menos).
  • Xove: 52 (11 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Ourol, O Valadouro e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 14 (2 menos).
  • A Pastoriza: 20 (2 máis).
  • As Pontes: 111 (6 menos).
  • Castro de Rei: 29 (2 menos).
  • Cospeito: 33 (2 menos).
  • Friol: 10 (1 menos).
  • Guitiriz: 22.
  • Meira: 11.
  • Outeiro de Rei: 45 (2 máis).
  • Pol: 10.
  • Rábade: 14 (2 máis).
  • Vilalba: 156 (26 menos).
  • Por debaixo de 10: Muras e Xermade.
  • Unha semana sen casos: Begonte.

Centro da provincia

  • Becerreá: 20 (3 máis).
  • Castroverde: 19 (2 menos).
  • Lugo: 751 (56 menos).
  • Monterroso: 36 (1 máis).
  • O Corgo: 13.
  • Palas de Rei: 26 (4 menos).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Cervantes, Guntín, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: Navia de Suarna.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 21 (2 menos).
  • O Incio: 10 (1 menos).
  • Samos: 24.
  • Sarria: 94.
  • Por debaixo de 1o casos: O Páramo, Paradela e Triacastela.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 10.
  • Chantada: 27 (2 menos).
  • Monforte: 74 (6 menos).
  • Pantón: 10 (2 menos).
  • Quiroga: 11.
  • Sober: 10 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, O Saviñao, Ribas de Sil e Taboada.