Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid mantén a senda descendente en casos e hospitalización

Por 6 Abril, 2022Sin comentarios

A covid continúa en proceso descendente cos novos contaxios arredor do 150 diarios. Hoxe hai 1.580 casos activos, 88 menos que onte, con 147 novos contaxios e 235 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 59.065 casos rexistrados e 322 persoas falecidas.

A presión hospitalaria volve baixar. Son 2 os ingresados na UCI e en planta baixan ata 39 (3 menos), 23 están no de Lugo (6 menos), 11 na Mariña (2 máis) e 5 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Non se rexistran subidas importantes nos concellos, onde a maior parte baixan. Caen os casos en Lugo 44, Viveiro 14, Vilalba 12 e na veciña As Pontes 18.

O número de concellos limpos de covid sobe a 6 (2 máis) e son 23 os que teñen menos de dez casos (1 menos que onte).

A Mariña

  • A Pontenova: 11 (1 menos).
  • Barreiros: 26 (1 menos).
  • Burela: 62 (1 máis).
  • Cervo: 75 (2 menos).
  • Foz: 73 (1 menos).
  • Lourenzá: 12 (2 menos).
  • Mondoñedo: 71 (8 máis).
  • O Valadouro: 10.
  • O Vicedo: 13 (1 menos).
  • Ribadeo: 42 (1 máis).
  • Riotorto: 11.
  • Viveiro: 210 (14 menos).
  • Xove: 49 (3 menos).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Ourol e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 14.
  • A Pastoriza: 24 (4 máis).
  • As Pontes: 93 (18 menos).
  • Castro de Rei: 28 (1 menos).
  • Cospeito: 31 (2 menos).
  • Guitiriz: 21 (1 menos).
  • Outeiro de Rei: 39 (6 menos).
  • Pol: 10.
  • Rábade: 14.
  • Vilalba: 144 (12 menos).
  • Por debaixo de 10: Friol, Meira, Muras e Xermade.
  • Unha semana sen casos: Begonte.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 11
  • Becerreá: 19 (1 menos).
  • Castroverde: 17 (2 menos).
  • Lugo: 707 (44 menos).
  • Monterroso: 37 (1 máis).
  • O Corgo: 13.
  • Palas de Rei: 22 (4 menos).
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baralla, Cervantes, Guntín, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: Baleira e Navia de Suarna.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 15 (6 menos).
  • O Incio: 11 (1 máis).
  • Samos: 24.
  • Sarria: 86 (8 menos).
  • Por debaixo de 1o casos: O Páramo, Paradela e Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 23 (4 menos).
  • Monforte: 69 (5 menos).
  • Quiroga: 15 (4 máis).
  • Sober: 10.
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Ribas de Sil e Taboada.
  • Unha semana sen casos: A Pobra do Brollón.