Skip to main content
Uncategorized @gl

A máscara deixará de ser obrigatoria o 20 de abril pero con excepcións

Por 7 Abril, 2022Sin comentarios

O Consello de Ministros aprobará o próximo 19 de abril unha nova normativa pola que deixarán de ser obrigatorias no interior salvo en centros sanitarios e sociosanitarios e os transportes, medida que entrará en vigor un día despois, o 20.

En concreto, seguirán sendo obrigatorias no interior dos centros asistenciais, tanto para os traballadores como para os visitantes, mesmo para as persoas ingresadas se comparten espazos comúns, para seguir mantendo a protección das persoas vulnerables. Pero non o serán en ningún caso nos colexios.

Tamén serán obrigatorias en centros sociosanitarios. Non é obrigatoria para os maiores que viven nelas porque se considera que é a súa casa, pero si deben levala as persoas traballadoras que traballan alí e as visitas.

Tamén seguirá sendo obrigatoria a máscara nos medios de transporte, e aconsellarase en poboación vulnerable.

No ámbito laboral, o relatorio aconsella utilizar a máscara sempre que o traballo deba realizarse a distancia interpersoal de menos de 1,5 metros e non poida garantirse a ventilación adecuada do espazo; e na contorna familiar, as reunións de amigos e celebracións privadas.

Finalmente, recomenda o seu uso en espazos pechados de uso público nos que as persoas transitan como os comercios (centros comerciais, supermercados ou pequeno comercio); espazos pechados nos que as persoas permanecen tempo sen comer nin beber (cinemas, teatros, salas de concertos e museos) e en espazos pechados nos que as persoas permanecen un tempo comendo e bebendo (bares, restaurantes e locais de lecer nocturno).

OS DATOS DE HOXE

A caída do número de altas volveu repercutir nun aumento de casos activos, aínda que de forma moi lixeira. Hoxe hai 1.603 casos activos, 23 menos que onte, con 161 novos contaxios e 139 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 59.227 casos rexistrados e 322 persoas falecidas.

A presión hospitalaria volve baixar. Xa só queda 1 ingresado na UCI e en planta seguen 39, 25 están no de Lugo (2 máis), 8 na Mariña (3 menos) e 5 en Monforte. Súmase 1 ingresado no Polusa.

POR COMARCAS

O Concello que máis casos suma é Monterroso, con 10. Tamén hai grandes descensos en Lugo con 86, Viveiro 35, Vilalba 22 e Cervo 10. Tamén nas Pontes redúcense en 11.

O número de concellos limpos de covid baixa a 5 (1 menos) e son 23 os que teñen menos de dez casos.

A Mariña

  • Alfoz: 11.
  • Barreiros: 27 (1 máis).
  • Burela: 60 (2 menos).
  • Cervo: 65 (10 menos).
  • Foz: 75 (2 máis).
  • Lourenzá: 14 (2 máis).
  • Mondoñedo: 70 (1 menos).
  • Ourol: 10. 
  • O Vicedo: 13.
  • Ribadeo: 45 (3 máis).
  • Riotorto: 13 (2 máis).
  • Viveiro: 175 (35 menos).
  • Xove: 42 (7 menos).
  • Por debaixo de 10: A Pontenova, O Valadouro e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 13 (1 menos).
  • A Pastoriza: 26 (2 máis).
  • As Pontes: 82 (11 menos).
  • Castro de Rei: 22 (6 menos).
  • Cospeito: 31.
  • Guitiriz: 26 (5 menos).
  • Friol: 10.
  • Outeiro de Rei: 38 (1 menos).
  • Pol: 10.
  • Rábade: 13 (1 menos).
  • Vilalba: 122 (22 menos).
  • Por debaixo de 10: Begonte, Meira, Muras e Xermade.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 11.
  • Antas de Ulla: 10.
  • Becerreá: 21 (1 menos).
  • Castroverde: 14 (3 menos).
  • Cervantes: 13.
  • Lugo: 621 (86 menos).
  • Monterroso: 47 (10 máis).
  • Palas de Rei: 23 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: As Nogais, Baralla, Guntín, O Corgo, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: Baleira e Navia de Suarna.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 17 (2 máis).
  • O Incio: 11.
  • Samos: 22 (2 menos).
  • Sarria: 82 (4 menos).
  • Por debaixo de 1o casos: O Páramo, Paradela e Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 20 (3 menos).
  • Monforte: 66 (3 menos).
  • Quiroga: 15.
  • Sober: 10.
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Ribas de Sil e Taboada.
  • Unha semana sen casos: A Pobra do Brollón.