Skip to main content
Uncategorized @gl

As UCI da provincia quedan baleiras

Por 8 Abril, 2022Sin comentarios

Nova pequena subida de casos de covid na provincia nunha xornada na que non volve quedar ningún ingresado na UCI. Hoxe hai 1.619 casos activos, 16 máis que onte, con 165 novos contaxios e 150 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 59.393 casos rexistrados e 322 persoas falecidas.

A presión hospitalaria volve baixar ao quedarse a UCI sen persoas ingresadas por covid. En planta seguen 39 enfermos, 26 están no de Lugo (1 máis), 8 na Mariña, 4 en Monforte (1 menos) e 1 no Polusa.

POR COMARCAS (datos a 15 días)

Sen grandes subidas, baixan os casos en Lugo (37 menos), no resto mantéñense.

O número de concellos limpos de covid baixa a 3 (2 menos) e son 26 os que teñen menos de dez casos (3 máis).

A Mariña

  • A Pontenova: 10.
  • Barreiros: 25 (2 menos).
  • Burela: 59 (1 menos).
  • Cervo: 57 (8 menos).
  • Foz: 75 (2 máis).
  • Lourenzá: 17 (3 máis).
  • Mondoñedo: 72 (2 máis).
  • O Vicedo: 10 (3 menos).
  • Ribadeo: 45.
  • Riotorto: 13.
  • Viveiro: 166 (9 menos).
  • Xove: 40 (2 menos).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Ourol, O Valadouro e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 13.
  • A Pastoriza: 25 (1 menos).
  • As Pontes: 78 (4 menos).
  • Castro de Rei: 23 (1 máis).
  • Cospeito: 25 (6 menos).
  • Guitiriz: 22 (4 menos).
  • Outeiro de Rei: 34 (4 menos).
  • Meira: 11.
  • Pol: 10.
  • Rábade: 14 (1 máis).
  • Vilalba: 118 (4 menos).
  • Por debaixo de 10: Begonte, Friol, Muras e Xermade.

Centro da provincia

  • Antas de Ulla: 10.
  • Baralla: 10.
  • Becerreá: 26 (5 máis).
  • Castroverde: 14.
  • Cervantes: 18 (5 máis).
  • Lugo: 584 (37 menos).
  • O Corgo: 13.
  • Monterroso: 44 (3 menos).
  • Palas de Rei: 22 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, As Nogais, Guntín, Navia de Suarna, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: Baleira.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 15 (2 menos).
  • O Incio: 13 (2 máis).
  • Sarria: 78 (4 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: O Páramo, Paradela e Triacastela.
  • Unha semana sen casos: Samos.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 21 (1 máis).
  • Monforte: 65 (1 menos).
  • Quiroga: 16 (1 máis).
  • Sober: 10.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Ribas de Sil e Taboada.