Skip to main content
Uncategorized @gl

Baixan os contaxios pero dispárase a hospitalización

Por 11 Abril, 2022Sin comentarios

A covid volve reducir as súas cifras de contaxios neste luns tras 48 horas pero aumentan moito a hospitalización, aínda que as UCI seguen baleiras. Hoxe hai 1.616 casos activos, 70 menos que sábado, con 106 novos contaxios e 309 altas en dous días.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 59.822 casos rexistrados e 323 persoas falecidas.

A presión hospitalaria dispárase. As UCI seguen baleiras pero en planta hai 48 enfermos (12 máis), 30 están no de Lugo (8 máis), 12 na Mariña (4 máis) e 6 en Monforte (2 máis).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Xornada de caída de casos en especial en Lugo e Viveiro.

O número de concellos limpos de covid sobe a 3 (1 máis) e son 38 os que teñen menos de dez casos.

A Mariña

  • Alfoz: 15.
  • Barreiros: 17.
  • Burela: 37.
  • Cervo: 14.
  • Foz: 64.
  • Lourenzá: 15.
  • Mondoñedo: 33.
  • O Valadouro: 11.
  • Ribadeo: 38.
  • Trabada: 10.
  • Viveiro: 42.
  • Xove: 25.
  • Por debaixo de 10: A Pontenova, Ourol, O Vicedo e Riotorto.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 17.
  • As Pontes: 29.
  • Castro de Rei: 15.
  • Guitiriz: 15.
  • Outeiro de Rei: 12.
  • Vilalba: 41.
  • Por debaixo de 10: Abadín, Begonte, Cospeito, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Centro da provincia

  • Becerreá: 13.
  • Castroverde: 11.
  • Cervantes: 19.
  • Lugo: 283.
  • Monterroso: 27.
  • Palas de Rei: 12.
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Guntín, Navia de Suarna, O Corgo, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 39.
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo e Paradela.
  • Unha semana sen casos: Samos e Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 11.
  • Monforte: 37.
  • Quiroga: 13.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Ribas de Sil, Sober e Taboada.