Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid sobe aínda que de forma lenta

Por 12 Abril, 2022Abril 13th, 2022Sin comentarios

A covid subiu, aínda que pouco, as súas cifras de contaxios neste martes na que ascendeu tamén a hospitalización e as UCI seguen baleiras. Hoxe hai 1.659 casos activos, 43 máis que onte, con 168 novos contaxios e 123 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 59.991 casos rexistrados e 326 persoas falecidas.

A presión hospitalaria subiu con respecto a onte. As UCI seguen baleiras pero en planta hai 49 enfermos (1 máis), 28 están no de Lugo (2 menos), 13 na Mariña (1 máis) e 8 en Monforte (2 máis).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Xornada de caída de casos en Xove, e de subida en Monforte de Lemos.

O número de concellos limpos de covid segue sendo 3 e son 34 os que teñen menos de dez casos.

A Mariña

  • A Pontenova: 13.
  • Alfoz: 15.
  • Barreiros: 17.
  • Burela: 36 (1 menos).
  • Cervo: 15 (1 máis).
  • Foz: 62 (2 menos).
  • Lourenzá: 15 (2 menos).
  • Mondoñedo: 25 (8 menos).
  • O Valadouro: 10 (1 menos).
  • Ribadeo: 40 (2 máis).
  • Riotorto: 11.
  • Trabada: 14 (4 máis).
  • Viveiro: 37 (5 menos).
  • Xove: 10 (15 menos).
  • Por debaixo de 10: Ourol e O Vicedo.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 18 (1 máis).
  • As Pontes: 27 (2 menos).
  • Castro de Rei: 16 (1 máis).
  • Cospeito: 10.
  • Guitiriz: 17 (2 máis).
  • Vilalba: 38 (3 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, Begonte, Friol, Meira, Muras, Outeiro de Rei, Pol, Rábade e Xermade.

Centro da provincia

  • Becerreá: 13.
  • Castroverde: 10 (1 menos).
  • Cervantes: 20 (1 máis).
  • Lugo: 277 (6 menos).
  • Monterroso: 27.
  • Palas de Rei: 14 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Guntín, Navia de Suarna, O Corgo, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Comarca de Sarria

  • O Incio: 11.
  • Sarria: 36 (3 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Páramo e Paradela.
  • Unha semana sen casos: Samos e Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 12 (1 máis).
  • Monforte: 50 (13 máis).
  • Quiroga: 11 (2 menos).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Ribas de Sil, Sober e Taboada.