Skip to main content
Uncategorized @gl

Aumenta a hospitalización e os casos activos

Por 13 Abril, 2022Sin comentarios

A covid volve subir unha xornada máis as súas cifras de contaxios neste mércores na que ascendeu tamén a hospitalización e as UCI seguen baleiras. Hoxe hai 1.789 casos activos, 130 máis que onte, con 258 novos contaxios e 129 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 60.250 casos rexistrados e 326 persoas falecidas.

A presión hospitalaria subiu con respecto a onte. As UCI seguen baleiras pero en planta hai 59 enfermos (10 máis), 39 están no de Lugo (11 máis), 12 na Mariña (1 menos) e 8 en Monforte (igual).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Xornada de brusca suba de casos en toda a provincia destacando a de Monforte de Lemos con 23 máis.

O número de concellos limpos de covid segue sendo 3 e son 33 os que teñen menos de dez casos.

A Mariña

  • A Pontenova: 20 (7 máis).
  • Alfoz: 19 (4 máis).
  • Barreiros: 19 (2 máis).
  • Burela: 34 (2 menos).
  • Cervo: 15.
  • Foz: 61 (1 menos).
  • Lourenzá: 13 (2 menos).
  • Mondoñedo: 24 (1 menos).
  • O Valadouro: 11.
  • Ribadeo: 46 (6 máis).
  • Riotorto: 16 (5 máis).
  • Trabada: 16 (2 máis).
  • Viveiro: 37.
  • Xove: 10.
  • Por debaixo de 10: Ourol e O Vicedo.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 18.
  • Abadín: 10.
  • As Pontes: 30 (3 máis).
  • Castro de Rei: 17 (1 máis).
  • Cospeito: 14 (4 máis).
  • Guitiriz: 18 (1 máis).
  • Vilalba: 41 (3 máis).
  • Por debaixo de 10:, Begonte, Friol, Meira, Outeiro de Rei, Pol, Rábade e Xermade.
  • Unha semana sen casos: Muras.

Centro da provincia

  • Becerreá: 14 (1 máis).
  • Castroverde: 10.
  • Cervantes: 22 (2 máis).
  • Lugo: 299 (22 máis).
  • Monterroso: 29 (2 máis).
  • Palas de Rei: 15 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Guntín, Navia de Suarna, O Corgo, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Comarca de Sarria

    • O Incio: 11.
    • Sarria: 44 (8 máis).
    • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Páramo, Paradela e Triacastela.
    • Unha semana sen casos: Samos.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 12.
  • Monforte: 73 (23 máis).
  • Quiroga: 10 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Ribas de Sil, Sober e Taboada.