Skip to main content
Uncategorized @gl

195 casos activos máis que onte na xornada do Xoves Santo

Por 14 Abril, 2022Abril 26th, 2022Sin comentarios

A covid sube espectacularmente as súas cifras de contaxios na xornada de hoxe, Xoves Santo, na que baixou a hospitalización e aumentou a UCI. Hoxe hai 1.984 casos activos, 195 máis que onte, con 252 novos contaxios e 56 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 60.503 casos rexistrados e 328 persoas falecidas.

A presión hospitalaria baixou con respecto a onte malia que a UCI do Hula conta cun paciente. En planta hai 53 enfermos (6 menos), 33 están no de Lugo (6 menos), 10 na Mariña (2 menos) e 2 en Monforte (2 máis).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Xornada de aumento de casos en toda a provincia destacando as de máis de 10 casos en Foz, Ribadeo, Monterroso e Lugo.

O número de concellos limpos de covid segue sendo 2 e son 30 os que teñen menos de dez casos.

A Mariña

  • A Pontenova: 21 (1 máis).
  • Alfoz: 17 (2 menos).
  • Barreiros: 27 (8 máis).
  • Burela: 38 (4 máis).
  • Cervo: 21 (6 máis).
  • Foz: 73 (12 máis).
  • Lourenzá: 13.
  • Mondoñedo: 24.
  • O Valadouro: 11.
  • Ribadeo: 56 (10 máis).
  • Riotorto: 15 (1 menos).
  • Trabada: 18 (2 máis).
  • Viveiro: 35 (2 menos).
  • Xove: 11 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: Ourol e O Vicedo.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 19 (1 máis).
  • Abadín: 12 (2 máis).
  • As Pontes: 29 (1 menos).
  • Castro de Rei: 18 (1 máis).
  • Cospeito: 11 (3 menos).
  • Guitiriz: 16 (2 menos).
  • Outeiro de Rei: 13.
  • Vilalba: 47 (6 máis).
  • Por debaixo de 10: Begonte, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Centro da provincia

  • Baleira: 10.
  • Becerreá: 13 (1 menos).
  • Cervantes: 17 (5 menos).
  • Lugo: 335 (36 máis).
  • Monterroso: 16 (13 menos).
  • O Corgo: 11.
  • Palas de Rei: 18 (3 máis).
  • Pedrafita: 10.
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baralla, Castroverde, Guntín, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Portomarín e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

    • O Incio: 12 (1 máis).
    • Sarria: 48 (4 máis).
    • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Páramo, Paradela e Triacastela.
    • Quince días sen casos: Samos.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 12.
  • Monforte: 80 (7 máis).
  • Quiroga: 12 (2 máis).
  • Taboada: 11.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, O Saviñao, Pantón, Ribas de Sil e Sober.
  • Unha semana sen casos: Folgoso do Courel.