Skip to main content
Uncategorized @gl

Caen os casos activos e os novos contaxios coa zona sur cada vez máis libre de covid

Por 18 Abril, 2022Sin comentarios

Despois de toda a Semana Santa sen a actualización de casos covid na provincia, Lugo rexistra unha caída dos mesmos ata os 1.877, 107 menos que o xoves, con 84 novos contaxios e 607 altas en catro días.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 61.003 casos rexistrados e 328 persoas falecidas.

A presión hospitalaria subiu de novo. A UCI do Hula segue cun paciente e en planta hai 63 enfermos (10 máis), 42 están no de Lugo (9 máis), 11 na Mariña (1 mais) e 9 en Monforte. Tamén hai un paciente novo no Polusa.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Toca retroceso a nivel xeral en todas as comarcas sendo o sur o que mellor están con poucos concellos por riba dos 10 casos.

Subiron de forma importante en Mondoñedo con 28 e en Palas con 12. Baixaron en Foz con 29 e Lugo con 14.

O número de concellos limpos de covid segue sendo 2 e son 36 os que teñen menos de dez casos (6 máis.

A Mariña

  • A Pontenova: 19 (2 menos).
  • Alfoz: 10 (7 menos).
  • Barreiros: 23 (4 menos).
  • Burela: 33 (5 menos).
  • Cervo: 17 (4  menos).
  • Foz: 44 (29 menos).
  • Lourenzá: 10 (3 menos).
  • Mondoñedo: 52 (28 máis).
  • O Valadouro: 11.
  • Ribadeo: 47 (9 menos).
  • Riotorto: 14 (1 menos).
  • Trabada: 12 (6 menos).
  • Viveiro: 39 (4 máis).
  • Xove: 10 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Ourol e O Vicedo.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 14 (5 menos).
  • As Pontes: 26 (3 menos).
  • Castro de Rei: 12 (6 menos).
  • Cospeito: 12 (1 máis).
  • Guitiriz: 17 (1 máis).
  • Outeiro de Rei: 13.
  • Vilalba: 39 (8 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, Begonte, Friol, Meira, Muras, Pol e Rábade.
  • Unha semana sen casos: Xermade.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 11.
  • Becerreá: 10 (3 menos).
  • Castroverde: 11.
  • Lugo: 321 (14 menos).
  • Monterroso: 10 (6 menos).
  • Palas de Rei: 30 (12 máis).
  • Pedrafita: 16 (6 máis).
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baralla, Baleira, Cervantes, Guntín, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Portomarín e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 55 (7 máis).
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Monforte: 74 (6 menos).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
  • Unha semana sen casos: Folgoso do Courel.