Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid trae un novo falecido e un crecemento da hospitalización

Por 19 Abril, 2022Abril 20th, 2022Sin comentarios

A covid recupera as cifras de antes de Semana Santa cun pequeno aumento de casos e un crecemento dos casos novos. Así, hoxe hai 1.899 casos, 22 máis que onte, con 202 novos contaxios e 175 altas en 24 horas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 61.201 casos rexistrados e 329 persoas falecidas (unha máis que onte).

A presión hospitalaria continúa subindo. A UCI do Hula aumenta a 2 pacientes (1 máis) e en planta hai 71 enfermos (8 máis), 50 están no de Lugo (8 máis), 11 na Mariña, 9 en Monforte e 1 no Polusa.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

O virus ten máis crecemento na Mariña e na zona centro con subidas máis escasas no resto de comarcas.

Subiron de forma importante Lugo (2o casos máis) e Castroverde (10).

O número de concellos limpos de covid é de 4 (2 máis que onte) e son 35 os que teñen menos de dez casos (1 menos).

A Mariña

  • A Pontenova: 17 (2 menos).
  • Barreiros: 26 (3 máis).
  • Burela: 37 (4 máis).
  • Cervo: 14 (3  menos).
  • Foz: 43 (1 menos).
  • Lourenzá: 11 (1 máis).
  • Mondoñedo: 51 (1 menos).
  • O Valadouro: 12 (1 máis).
  • Ribadeo: 50 (3 máis).
  • Riotorto: 11 (3 menos).
  • Viveiro: 42 (3 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Ourol, O Vicedo, Trabada e Xove.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 11 (3 menos).
  • As Pontes: 29 (3 máis).
  • Castro de Rei: 12.
  • Guitiriz: 19 (2 máis).
  • Friol: 11.
  • Outeiro de Rei: 17 (4 máis).
  • Vilalba: 42 (3 máis).
  • Por debaixo de 10: Abadín, Begonte, Cospeito, Meira, Muras, Pol e Rábade.
  • Unha semana sen casos: Xermade.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 13 (2 máis).
  • Becerreá: 12 (2 máis).
  • Castroverde: 21 (10 máis).
  • Lugo: 341 (20 máis).
  • Palas de Rei: 29 (1 menos).
  • Pedrafita: 15 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baralla, Baleira, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, O Corgo e Portomarín.
  • Unha semana sen casos: Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 11.
  • O Páramo: 14.
  • Sarria: 56 (1 máis).
  • Por debaixo de 10 casos: O Incio, Paradela, Samos e Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Monforte: 71 (3 menos).
  • Sober: 10.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil e Taboada.
  • Unha semana sen casos: Folgoso do Courel.