Skip to main content
Uncategorized @gl

Aparecen varios gromos na provincia cun brusco aumento de casos

Por 22 Abril, 2022Abril 23rd, 2022Sin comentarios

A escaseza de altas volve pasar factura e provoca un novo aumento de casos de covid, xa que o número de casos novos tamén aumenta.

Así, hoxe hai 2.268 casos, 217 máis que onte, con 296 novos contaxios e 82 altas en 24 horas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 61.984 casos rexistrados e 331 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense. A UCI do Hula volve ter un paciente ingresado e en planta hai 53 enfermos, 38 están no de Lugo (4 máis), 6 na Mariña (3 menos), 9 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Importantes gromos na provincia en especial en Lugo (con 51 casos máis), os 22 do Corgo (estaba por debaixo de 10), Monforte con 16 e A Fonsagrada con 13. Pola contra, as baixadas están lideradas por Monoñedo, con 22 casos menos e Palas con 13.

O número de concellos limpos de covid é de 5 (1 menos) e son 29 os que teñen menos de dez casos (5 menos).

A Mariña

  • Barreiros: 19.
  • Burela: 37 (2 máis).
  • Cervo: 10.
  • Foz: 31 (3 máis).
  • Mondoñedo: 26 (22 menos).
  • O Valadouro: 11 (2 menos).
  • Ribadeo: 43 (1 menos).
  • Trabada: 10.
  • Viveiro: 43 (7 máis).
  • Xove: 15 (5 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Lourenzá, Ourol, O Vicedo e Riotorto.

Terra Chá

  • As Pontes: 35 (1 máis).
  • Castro de Rei: 13.
  • Cospeito: 10.
  • Guitiriz: 18 (3 máis).
  • Friol: 13.
  • Outeiro de Rei: 18 (2 máis).
  • Vilalba: 39 (3 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Begonte, Meira, Muras, Pol e Rábade.
  • Unha semana sen casos: Xermade.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 30 (13 máis).
  • Baralla: 10.
  • Becerreá: 10 (4 menos).
  • Castroverde: 25.
  • Lugo: 407 (51 máis).
  • O Corgo: 22.
  • Palas de Rei: 15 (13 menos).
  • Pedrafita: 10 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Cervantes, Guntín, Monterroso, Negueira de Muñiz e Portomarín.
  • Unha semana sen casos: Navia de Suarna e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 13.
  • O Incio: 17 (6 máis).
  • O Páramo: 17 (2 máis).
  • Sarria: 60 (1 máis).
  • Por debaixo de 10 casos: Paradela e Samos.
  • Unha semana sen casos: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Bóveda: 10.
  • Monforte: 86 (16 máis).
  • O Saviñao: 14 (3 máis).
  • Quiroga: 21 (8 máis).
  • Sober: 12 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Carballedo, Chantada, Pantón, Ribas de Sil e Taboada.
  • Quince días sen casos: Folgoso do Courel.

DOCUMENTO USO MÁSCARAS

A Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, vén de elaborar un documento recollendo as directrices sobre o uso da máscara tras a publicación do Real Decreto que modifica o obrigatoriedade da mesma. O obxectivo do documento realizado polo Executivo galego é describir as situacións nas que se mantén a obrigatoriedade do uso da máscara en determinados ámbitos.

Así, tal e como recolle o documento, é obrigatorio o uso da máscara en centros, servizos e establecementos sanitarios para o persoal traballador, visitantes e persoas ingresadas cando non permanezan na súa habitación.

Tamén é obrigatoria en centros sociosanitarios para o persoal traballador, visitantes cando estean en zonas compartidas, e traballadores e usuarios de centros sociosanitarios non residenciais (centros de día, centros ocupacionais, etc) e os seus acompañantes cando accedan ao centro.

Engadido ao anterior, a máscara é obrigatoria no transporte público, incluído o transporte escolar.

Non será obrigatoria nos casos anteriores para as persoas menores de seis anos e aquelas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada, ou que pola súa situación de discapacidade ou dependencia non dispoñan de autonomía para quitala.

Así mesmo, recoméndase o uso da máscara nos casos sospeitosos e confirmados de covid e contactos estreitos de casos.

Tamén se recomenda, na poboación xeral, ás persoas vulnerables  (maiores de 60 anos, embarazadas e imunodeprimidas) ou contornas onde haxa persoas vulnerables. É igualmente recomendable o uso da máscara en espazos pechados de uso público nos que non sexa posible manter a distancia de máis de 1,5 metros entre as persoas e non se garanta unha ventilación axeitada.