Skip to main content
Uncategorized @gl

A hospitalización segue a crecer, especialmente na UCI

Por 25 Abril, 2022Sin comentarios

As numerosas altas volven frear o aumento de casos activos con respecto á xornada do sábado pero segue crecendo a hospitalización, con especial incidencia na UCI.

Así, este luns hai 2.067 casos, 178 menos que onte, con 114 novos contaxios en 24 horas e 482 altas en 48 horas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 62.521 casos rexistrados e 332 persoas falecidas.

A presión hospitalaria segue a subir. A UCI do Hula ten 5 pacientes ingresados (2 máis que o sábado) e en planta hai 61 enfermos (7 máis), 51 están no de Lugo (4 máis), 8 na Mariña (4 máis), 9 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

A zona sur continúa co seu aumento brusco de casos. Destacan os 15 de subida de Sober, ademais dos 30 de Lugo.

O número de concellos limpos de covid é de 2 (1 menos) e son 25 os que teñen menos de dez casos (1 máis).

A Mariña

  • Barreiros: 23.
  • Burela: 34 (3 menos).
  • Cervo: 18 (3 máis).
  • Foz: 33 (1 menos).
  • Mondoñedo: 26.
  • O Valadouro: 16 (2 menos).
  • Ribadeo: 47 (3 máis).
  • Trabada: 10.
  • Viveiro: 46.
  • Xove: 16 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Lourenzá, Ourol, O Vicedo e Riotorto.

Terra Chá

  • As Pontes: 44 (8 máis).
  • Begonte: 11.
  • Castro de Rei: 12 (2 menos).
  • Cospeito: 12 (2 máis).
  • Guitiriz: 20 (1 menos).
  • Friol: 11.
  • Outeiro de Rei: 20 (2 máis).
  • Vilalba: 45 (5 máis).
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 16.
  • O Incio: 17 (1 menos).
  • O Páramo: 17 (1 menos).
  • Samos: 12.
  • Sarria: 64 (6 máis).
  • Por debaixo de 10 casos: Paradela.
  • Unha semana sen casos: Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 31.
  • Antas de Ulla: 13 (2 máis).
  • Baralla: 11.
  • Becerreá: 12 (1 máis).
  • Castroverde: 21 (4 máis).
  • Lugo: 444 (30 máis).
  • Monterroso: 10.
  • O Corgo: 27 (5 máis).
  • Palas de Rei: 13 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: As Nogais, Baleira, Cervantes, Guntín, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita e Portomarín.
  • Unha semana sen casos: Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 11.
  • Chantada: 17 (7 máis).
  • Monforte: 113 (7 máis).
  • O Saviñao: 25 (3 máis).
  • Pantón: 11 (1 máis).
  • Quiroga: 25 (2 máis).
  • Ribas de Sil: 13 (1 máis).
  • Sober: 33 (15 máis).
  • Taboada: 16 (4 máis).
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo e Folgoso do Courel.

DOCUMENTO USO MÁSCARAS

A Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, vén de elaborar un documento recollendo as directrices sobre o uso da máscara tras a publicación do Real Decreto que modifica o obrigatoriedade da mesma. O obxectivo do documento realizado polo Executivo galego é describir as situacións nas que se mantén a obrigatoriedade do uso da máscara en determinados ámbitos.

Así, tal e como recolle o documento, é obrigatorio o uso da máscara en centros, servizos e establecementos sanitarios para o persoal traballador, visitantes e persoas ingresadas cando non permanezan na súa habitación.

Tamén é obrigatoria en centros sociosanitarios para o persoal traballador, visitantes cando estean en zonas compartidas, e traballadores e usuarios de centros sociosanitarios non residenciais (centros de día, centros ocupacionais, etc) e os seus acompañantes cando accedan ao centro.

Engadido ao anterior, a máscara é obrigatoria no transporte público, incluído o transporte escolar.

Non será obrigatoria nos casos anteriores para as persoas menores de seis anos e aquelas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada, ou que pola súa situación de discapacidade ou dependencia non dispoñan de autonomía para quitala.

Así mesmo, recoméndase o uso da máscara nos casos sospeitosos e confirmados de covid e contactos estreitos de casos.

Tamén se recomenda, na poboación xeral, ás persoas vulnerables  (maiores de 60 anos, embarazadas e imunodeprimidas) ou contornas onde haxa persoas vulnerables. É igualmente recomendable o uso da máscara en espazos pechados de uso público nos que non sexa posible manter a distancia de máis de 1,5 metros entre as persoas e non se garanta unha ventilación axeitada.