Skip to main content
Uncategorized @gl

Nova subida da covid trala actualización de casos da fin de semana

Por 26 Abril, 2022Abril 27th, 2022Sin comentarios

A covid continúa en crececemento cando se cumpre unha semana da retirada das máscaras en interiores. O ritmo non aumentou con subidas e baixadas cunha media de 2.000 casos activos e menos de 300 casos novos por día.

Así, este martes hai 2.179 casos, 103 máis que onte, con 235 novos contaxios en 24 horas e 136 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 62.760 casos rexistrados e 332 persoas falecidas.

A presión hospitalaria segue a subir. As UCIs teñen 4 pacientes ingresados (1 menos que onte), 3 están no Hula e 1 en Burela. E en planta hai 70 enfermos (2 máis), 49 están no de Lugo (2 menos), 8 na Mariña e 14 en Monforte (4 máis).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Sen grandes subidas, agás en Lugo (con 26 casos máis), a covid segue presente facéndose máis visible e extendéndose polos concellos pero sen grandes gromos.

O número de concellos limpos de covid é de 2 e son 27 os que teñen menos de dez casos (2 máis).

A Mariña

  • Barreiros: 21 (2 menos).
  • Burela: 35 (1 máis).
  • Cervo: 19 (1 máis).
  • Foz: 33.
  • Mondoñedo: 26.
  • O Valadouro: 15 (1 menos).
  • Ribadeo: 47.
  • Viveiro: 37 (9 menos).
  • Xove: 17 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Lourenzá, Ourol, O Vicedo, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 11.
  • As Pontes: 43 (1 menos).
  • Begonte: 18 (7 máis).
  • Castro de Rei: 11 (1 menos).
  • Cospeito: 15 (3 máis).
  • Guitiriz: 16 (4 menos).
  • Outeiro de Rei: 20.
  • Vilalba: 47 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: Abadín, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 15 (1 menos).
  • O Incio: 16 (1 menos).
  • O Páramo: 14 (3 menos).
  • Sarria: 63 (1 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: Paradela e Samos.
  • Unha semana sen casos: Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 30 (1 menos).
  • As Nogais: 11.
  • Antas de Ulla: 15 (2 máis).
  • Baralla: 16 (5 máis).
  • Castroverde: 13 (8 menos).
  • Lugo: 470 (26 máis).
  • Monterroso: 10.
  • O Corgo: 27.
  • Palas de Rei: 16 (3 máis).
  • Por debaixo de 10: Baleira, Becerreá, Cervantes, Guntín, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita e Portomarín.
  • Unha semana sen casos: Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 12 (1 máis).
  • Chantada: 18 (1 máis).
  • Monforte: 110 (3 menos).
  • O Saviñao: 28 (3 máis).
  • Pantón: 14 (3 máis).
  • Quiroga: 31 (6 máis).
  • Ribas de Sil: 12 (1 menos).
  • Sober: 30 (3 menos).
  • Taboada: 18 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo e Folgoso do Courel.

DOCUMENTO USO MÁSCARAS

A Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, vén de elaborar un documento recollendo as directrices sobre o uso da máscara tras a publicación do Real Decreto que modifica o obrigatoriedade da mesma. O obxectivo do documento realizado polo Executivo galego é describir as situacións nas que se mantén a obrigatoriedade do uso da máscara en determinados ámbitos.

Así, tal e como recolle o documento, é obrigatorio o uso da máscara en centros, servizos e establecementos sanitarios para o persoal traballador, visitantes e persoas ingresadas cando non permanezan na súa habitación.

Tamén é obrigatoria en centros sociosanitarios para o persoal traballador, visitantes cando estean en zonas compartidas, e traballadores e usuarios de centros sociosanitarios non residenciais (centros de día, centros ocupacionais, etc) e os seus acompañantes cando accedan ao centro.

Engadido ao anterior, a máscara é obrigatoria no transporte público, incluído o transporte escolar.

Non será obrigatoria nos casos anteriores para as persoas menores de seis anos e aquelas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada, ou que pola súa situación de discapacidade ou dependencia non dispoñan de autonomía para quitala.

Así mesmo, recoméndase o uso da máscara nos casos sospeitosos e confirmados de covid e contactos estreitos de casos.

Tamén se recomenda, na poboación xeral, ás persoas vulnerables  (maiores de 60 anos, embarazadas e imunodeprimidas) ou contornas onde haxa persoas vulnerables. É igualmente recomendable o uso da máscara en espazos pechados de uso público nos que non sexa posible manter a distancia de máis de 1,5 metros entre as persoas e non se garanta unha ventilación axeitada.