Skip to main content
Uncategorized @gl

A escaseza de altas impide a contención malia a caída de novos contaxios

Por 28 Abril, 2022Sin comentarios

Trala espectacular subida de onte, hoxe modéranse os datos tanto de contaxios como de hospitalización na UCI sumando un novo falecido. Non axuda o número de altas que é moi baixo.

Así, este xoves hai 2.483 casos, 142 máis que onte, con 241 novos contaxios en 24 horas e 95 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 63.294 casos rexistrados e 334 persoas falecidas (unha máis que onte).

A presión hospitalaria segue elevada nas UCIs, que teñen 7 ingresados (2 menos que onte), 6 están no Hula e 1 en Burela. E en planta hai 65 enfermos (2 máis), 43 están no de Lugo (3 máis), 9 na Mariña (1 menos) e 13 en Monforte.

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

O crecemento do virus contense sendo máis claro o aumento na zona sur. O maior crecemento está en Viveiro con 13 casos máis. Destacan os decensos de Lugo (15 menos) e de Monforte (11 menos).

O número de concellos limpos de covid segue en 2 e son 25 os que teñen menos de dez casos.

A Mariña

  • Barreiros: 21.
  • Burela: 30 (4 menos).
  • Cervo: 34 (2 máis).
  • Foz: 41 (1 máis).
  • Lourenzá: 10.
  • Mondoñedo: 24.
  • O Valadouro: 15 (1 máis).
  • Ribadeo: 40 (1 máis).
  • Trabada: 20 (6 máis).
  • Viveiro: 49 (13 máis).
  • Xove: 14 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, O Vicedo e Riotorto.
  • Sen casos novos nunha semana: Ourol.

Terra Chá

  • As Pontes: 44 (1 máis).
  • Begonte: 18.
  • Castro de Rei: 12 (2 menos).
  • Cospeito: 12 (2 menos).
  • Guitiriz: 17 (1 máis).
  • Outeiro de Rei: 24 (2 máis).
  • Vilalba: 47 (5 máis).
  • Por debaixo de 10: Abadín, A Pastoriza, Friol, Meira, Muras, Pol, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 14 (2 menos).
  • O Incio: 17.
  • O Páramo: 19 (6 máis).
  • Paradela: 10.
  • Sarria: 56 (6 máis).
  • Por debaixo de 10 casos: Samos.
  • Quince días sen casos: Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 31 (4 máis).
  • Antas de Ulla: 15 (1 máis).
  • Baleira: 18.
  • Baralla: 17 (1 menos).
  • Castroverde: 13 (1 menos).
  • Lugo: 455 (15 menos).
  • Monterroso: 11.
  • O Corgo: 35 (3 máis).
  • Palas de Rei: 17 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: As Nogais, Becerreá, Cervantes, Guntín, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita e Portomarín.
  • Quince días sen casos: Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 11 (1 menos).
  • Chantada: 22  (1 menos).
  • Monforte: 114 (11 menos).
  • O Saviñao: 24 (2 menos).
  • Pantón: 18 (1 menos).
  • Quiroga: 31.
  • Sober: 52 (2 máis).
  • Taboada: 22.
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.

DOCUMENTO USO MÁSCARAS

A Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, vén de elaborar un documento recollendo as directrices sobre o uso da máscara tras a publicación do Real Decreto que modifica o obrigatoriedade da mesma. O obxectivo do documento realizado polo Executivo galego é describir as situacións nas que se mantén a obrigatoriedade do uso da máscara en determinados ámbitos.

Así, tal e como recolle o documento, é obrigatorio o uso da máscara en centros, servizos e establecementos sanitarios para o persoal traballador, visitantes e persoas ingresadas cando non permanezan na súa habitación.

Tamén é obrigatoria en centros sociosanitarios para o persoal traballador, visitantes cando estean en zonas compartidas, e traballadores e usuarios de centros sociosanitarios non residenciais (centros de día, centros ocupacionais, etc) e os seus acompañantes cando accedan ao centro.

Engadido ao anterior, a máscara é obrigatoria no transporte público, incluído o transporte escolar.

Non será obrigatoria nos casos anteriores para as persoas menores de seis anos e aquelas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada, ou que pola súa situación de discapacidade ou dependencia non dispoñan de autonomía para quitala.

Así mesmo, recoméndase o uso da máscara nos casos sospeitosos e confirmados de covid e contactos estreitos de casos.

Tamén se recomenda, na poboación xeral, ás persoas vulnerables  (maiores de 60 anos, embarazadas e imunodeprimidas) ou contornas onde haxa persoas vulnerables. É igualmente recomendable o uso da máscara en espazos pechados de uso público nos que non sexa posible manter a distancia de máis de 1,5 metros entre as persoas e non se garanta unha ventilación axeitada.