Skip to main content
Axenda Caducada

Os clásicos estarán en Mondoñedo o 18 de xuño

Por 1 Maio, 2022Xuño 18th, 2022Sin comentarios

Os coches clásicos volverán reuniranse o 18 de xuño en Mondoñedo na IX Xuntanza de Clásicos. Previsiblemente será na praza da Catedral aínda que a organización non deu máis información polo momento.

A organización avanzou o menú para o xantar que consta de merluza á galega, solombo de porco con cogumelos, sobremesa, café e bebidas, por 35 euros, e ademais contará coa sesión vermú antes do xantar.

Para anotarse haberá que chamar ao 629 808 751, 605 372 045 ou 636 496 439 ou poñerse en contacto por email a amarful@hotmail.com.

Esta organizado pola Asociación de Clásicos Mindoniense Miraeanda en colaboración do Concello de Mondoñedo