Skip to main content
Axenda CaducadaDeportes AMARIÑAXARibadeo

Presentada a VIII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais

Por 3 Maio, 2022Setembro 17th, 2022Sin comentarios

A VIII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais celebrarase o 17 de setembro discorrendo por un lugar do máis fermoso tanto de Galicia como de todo o Cantábrico e de todo o Estado.

Así, centos de persoas visitarán como cada ano esta media maratón entre Ribadeo e As Catedrais na que dende o Concello confían que o volvan facer para esta nova edición, “contamos con moitos colaboradores que co seu apoio fan que sexa unha das carreiras con máis boas críticas, en canto a organización, a intendencia e a que os obstáculos difíciles destes 22 quilómetros se fan moito máis levadíos co apoio de toda esta xente”.

As inscricións vanse abrir a partir deste mércores, día 4, desde as cinco da tarde. Para os 100 primeiros serán 5 euros, despois dos cen primeiros a partir do 17 de maio serán 6 euros, do 18 de maio ao 25 de xullo serán 7 euros, a partir do 26 de xullo ata o 15 de agosto serán 8 euros, e do 16 de agosto ao 13 de setembro, 9 euros. Cremos que son prezos módicos, atractivos para todo o mundo que queira participar e competir dentro do que poidan. Esperemos que a máscara se quite, que non teñamos que volver a ela e que todo o mundo poida disfrutar desta proba única”.