Skip to main content
Axenda CaducadaLourenzá

Terras de Lourenzá organiza a primeira fin de semana de roteiros

Por 9 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o 21 e 22 de maio a primeira fin de semana de rutas deste anos que será inaugurado cunha viaxe ata a provincia de León.

O primeiro dos roteiros será a das Tres María, PRC-LE 75, que é circular e consta de 12 quilómetros de dificultade media baixa, e o domingo será a quenda da ruta Faedo de Ciñera, que son 5 quilómetros lineais. Ao remate haberá unha visita guiada pola Cova de Valporquero.

A actividade ten un prezo de 115 euros para socios e 120 para os non socios, e é necesario anotarse para participar antes do martes 17 de maio chamando ao teléfono  647 067 054.

O prezo é para custear o bus dende Lourenzá que fará saída dende o Cantón o venres ás 18.30 horas, o xantar do domingo e o aloxamento en réxime de media pensión.