Skip to main content
A Pontenova

A mina Consuelo da Pontenova acollerá un ciclo de intervencións artísticas en xuño

Por 15 Maio, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Os días 11 e 12 de xuño poderase desfrutar dunha dobre xornada de ocio na mina Consuelo da Pontenova. Así, haberá unha cita inmersiva de música e espeleoloxía da man de Tirolina das Minas.

Con Mónica de Nut dá comezo un ciclo de intervencións artísticas deseñadas especialmente para o contexto da mina Consuelo e integradas no roteiro de sendeirismo coñecida como roteiro dos Fornos da Pontenova. Trátase de actividades guiadas que combinan natureza, historia e espeleoarte.

A duración total da experiencia desde que se sae ata o regreso é de 2,5 horas, das cales uns 40 minutos corresponden a actuacións musicais.

Para asisitir será necesario mercar as entradas e ten un aforo de 30 persoas. O sábado 11 de xuño será ás 12.30 e ás 21.00 horas, e o domingo 12 ás 12.30 horas.