Skip to main content
Comarca AMARIÑAXACultura AMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

José Manuel González, Expomar: “Burela convértese no principal foro de debate europeo”

Por 18 Maio, 2022Decembro 18th, 2023Sin comentarios
Por Ana Somoza López.

José Manuel González López, xerente da Fundación Expomar.

Que supoñen para Burela as Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial?

Tendo en conta que xa levamos 28 anos facendo as XXTT e 23 facendo o Encontro Empresarial podemos darnos conta da importacia que teñen para Burela os dous eventos. Són dous dias donde Burela se converte no principal foro de debate Europeo e estatal do sector, esto xa supón unha importante repercusión mediática e polo tanto de promoción e valorización do noso sector pesqueiro, do porto e da localidade.

Despois de toda a pandemia e de facer as  Xornadas e o Encontro  de maneira telemática, como serán este ano?

Pois por fin este ano retomaremos o impulso que tivemos en 2019 e se veu frenado pola pandemia. Volveremos a facer os dous eventos de maneira presencial, aínda que  as Xornadas tamén  se poderan seguir por distintos canles de internet. Quermos facilitar que participe xente que non poida estar presencialmente, a intención e superar os 178 inscritos da última xornada.O Encontro como sempre sera pechado ás organizacions invitadas e despois faranse publicas as concluisóns. Este ano o Encontro celebrarase o Xoves 19 pola maña  nas instalacions de Absa e as XXTT xoves pola tarde e Venres a maña na Cofradia de Pescadores

Pode explicar un pouco o contido do programa?

O Comite organizador decideu tratar dous temas de máximo interese para o sector. Por un lado  a Xestión Pesqueira e o Mercado Europeo, na que contaremos con importantes representantes de organismos de pesca tanto europeos como estatales e autonómicos. E por outro lado falarase de Sostenibilidade, saúde e comportamentos de compra, onde participarán expertos en estudios de consumo, en transformación dixital e innovación e profesionais da sanidade e alimentación. Para a inauguración do xoves contaremos coa presencia da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e para a clausura do venres estará a secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz.

Haberá unha nova edición de Produart?

Dende a Fundación Expomar estamos traballando coa intención de facer a XX edición de Produart  no primeiro fin de semana de agosto coincidindo con a Feira do Bonito. De feito xa temos contacto con expositores de outros anos e tamén con novos. Agardamos que este ano se poida celebrar xa en condicións normais a Feira do Bonito, declarada de Interés Turistico Nacional. Intentaremos superar os 51 exposistores da última edición,  e será unha vez máis  unha Feira de Productos ecolóxicos e artesanais. Imos intentar que os produtores e artesanos comarcais teñan unha maior presencia.

En que momento se atopa a Fundación Expomar?

Imos retomando a nosa actividade normal. E poido decir que é un momento ilusionante. Fai pouco incorporamos ao Patronato da Fundación a Organización de Productores Pesqueiros  de Burela e estamos en contacto con outras entidades e institucións para a sua incorporación. Grazas ao Galp Mariña Ortegal participamos en varios proxectos, en formación, en promoción e divulgación do sector naútico pesqueiro; fixemos  Xornadas de Nutrición , editamos un libro e caderno de actividades de Os Bolechas para achegar aos máis pequenos o mar. Temos unha importante colaboración da Consellería do Mar e da Deputación. Participamos con outras entidades e institucións de toda España na presentación ante o Ministerio de Industria  Comercio e Turismo dun Proxecto de Turismo Mariñeiro.E estivemos presentes en Sinaval de Bilbao e estaremos en Navalia de Vigo. E dende logo estamos traballando na  celebración da Feira de 2023.

As Xornadas Técnicas

A Fundación Expomar celebrará unha nova edición das súas Xornadas Técnicas e Encontro Empresarial entre 19 e 20 de maio de novo nun escenario marcado polas dificultades e desafíos que ten que afrontar o sector pesqueiro nunha época de diferentes crises que lle afectan directamente.

O foro será como sempre aberto ao público no salón de actos da confraría de pescadores de Burela e terá lugar entre as 16.30 e as 19.30 do xoves 19 de maio e as 10.30 e as 13.30 do venres 20. As xornadas tamén se poderán seguir a través dunha plataforma en liña desde a web www.expomar.com.

As Xornadas Técnicas 2022 contarán coa participación da conselleira do mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, que inaugurará o evento acompañada polo presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano.

A primeira xornada titúlase Xestión pesqueira e mercado europeo e contará coas intervencións de Javier Garat, secretario xeral de CEPESCA e presidente de Europêche; Ignacio Gandarias Serrano, director xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura do MAPA; Daniel Voces, director de Europêche; Pedro Reis, secretario do Consello Consultivo de Mercados MAC. Esta primeira sesión estará moderada polo secretario xeral do Comité Consultivo de Pesca de Augas Afastadas LDAC, Álex Rodríguez.

A segunda xornada celébrase baixo o título Sustentabilidade, saúde e comportamentos de compra e contará coas intervencións de Cristina Cucullo, mánager da área de consumidor de KANTAR; Gumersindo Feijoo, vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela; e Guillermo Aldama, cardiólogo do CHUAC, membro da Sociedade Española Cardioloxía e da Fundación Española do Corazón. Esta segunda sesión estará dirixida pola secretaria adxunta de Cepesca, Rocío Béjar.

A clausura das Xornadas Técnicas 2022 correrá a cargo da secretaria xeral de pesca marítima do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz.

ENCONTRO EMPRESARIAL.

Pola súa banda, e previamente á celebración das Xornadas, o xoves 19 de maio pola mañá celebrarase o XXIII Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, que reúne cada ano ás entidades máis representativas da frota galega e ás asociacións profesionais do sector pesqueiro a nivel nacional.

A reunión dos representantes da frota volverá celebrarse de maneira presencial, esta vez na sala de reunións do restaurante A Lonxa con vistas cara ao porto de Burela, entre as 10:00 h e as 14:00 h. Ao finalizar o evento, como cada ano, faranse públicas as conclusións tomadas durante a reunión.

A Fundación Expomar aposta decididamente polo mar non só coa celebración das xornadas técnicas ou o encontro empresarial, senón con outra serie de accións de apoio ao sector pesqueiro. Estes últimos anos dirixíronse especialmente cara ao ámbito da saúde e o consumo de peixe, por exemplo as xornadas sobre nutrición “Come San, Come Peixe” en decembro de 2021 ou as xornadas de nutrición e saúde mental “ Mens Sa in Corpore San”, en abril de 2022.