Skip to main content
Cervo

O pavillón da Veiga de Cervo conta cun novo marcador electrónico inalámbrico

Por 18 Maio, 2022Maio 19th, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo vén de adquirir e instalar un novo marcador electrónico inalámbrico e dous temporizadores de precisión –un para cada fondo da pista- no pavillón municipal da Veiga para facilitar a práctica deportiva das diferentes disciplinas que acolle esta instalación.

O novo equipamento foi estreado polo Distribuciones Carreiras San Ciprián, pertencente á sección de basket do Club Deportivo San Ciprián, que nestes intres está a xogar a fase de ascenso á Liga Galega.

O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, aproveitaron a ocasión para desexarlle moita sorte a este equipo, que este martes volve xogar un partido decisivo na casa fronte ao Peleteiro para lograr ese obxectivo.

Tal e como sinalou Villares “seguimos a investir no mantemento e mellora das nosas instalacións deportivas, para que as persoas que practican deporte no noso municipio o fagan na mellor das condicións”. O compromiso deste Goberno co deporte –engadiu- é firme tal e como patente coa execución de constante labores de mantemento, conservación, substitución e mellora das diferentes instalacións municipais”.

Pola súa banda, Rodríguez explicou que  “ os novos marcadores son sistemas modernos e vangardistas que van contribuír a un mellor desenvolvemento das competicións así como ofrecer unhas instalacións mellor acondicionadas para acoller diferentes eventos deportivos”.