Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

O BNG pide reunións coa Xunta e concellos para tratar o desenvolvemento da zona

Por 4 Maio, 2022Sin comentarios

A situación na industria e no emprego na Mariña sigue sendo crítica. “Despois de enésimas promesas incumplidas, moitas delas rachando acordos parlamentarios como foi o caso de Altri, a destrucción de emprego na comarca nos últimos dez anos acentuada co recente peche de Vestas e a incerteza sobre o futuro de Alcoa, sigue sendo a lousa que oprime a unha  comarca referente industrial durante moitas décadas e que desde o 2009 en que o PP accedeu ao goberno da Xunta  perdeu 1.000 empregos derivados dos numerosos Ertes e peches de empresas emblemáticas da comarca”, dixeron rotundamente os nacionalistas mariñaos.

“A falta de política industrial da Xunta que palíe esta situación, así como o déficit histórico de infraestruturas (da Xunta e do Estado) que vertebren a comarca e a sitúen en posición de igualdade con outros territorios agravan ainda mais a posibilidade de desenvolvemento da zona”, engaden.

Infraestruturas vitais para o desenvolvemento económico e para o futuro da Mariña

Para o BNG, as infraestruturas de transporte terrestre e marítimo son vitais e despois de décadas de promesas de PSOE e PP non se pode ver  feito nin un só tramo da A-74 Barreiros-San Cibrao, só 8 km da VAP Costa Norte San Cibrao-Ferrol, e “ningunha intención de proceder ao rescate da concesión do Dique Norte para construir o porto comercial  que tanto necesita A Mariña. E é básico tamén para fornecer de recursos económicos á Mariña, que se cree a Autoridade Portuaria de San Cibrao, segregándoa de Ferrol, que é quen leva prácticamente todos os ingresos que xera A Mariña a través do Porto de San Cibrao”.

“Despois do acontecido con Altri, A Mariña non pode permitirse repetir a historia cando haxa outro proxecto industrial en xogo e non se poda desenvolver aquí por non ter as infraesruturas axeitadas” manifestou o responsable comarcal do BNG Antonio Veiga, que tamén afirmou que “hai que ter en conta que ao final as decisións empresariais veñen determinadas polas circunstancias do territorio, que son as verdadeiras decisións politicas, ou cando menos, condicionantes das decisións políticas e empresariais”.

As reivindicacións do manifesto “Futuro para A Mariña” teñen que cumplirse

Por estes motivos o BNG considera necesario que o Goberno do Estado e a Xunta se reúnan o antes posible coa Mariña e falen coa Mariña, cos seus lexítimos representantes que son os gobernos municipais de cada concello e tamén cos axentes sociais e sindicais que baixo o lema de Futuro para A Mariña concentraron en Burela o 17 de novembro de 2021 a miles de mariñás e mariñaos na manifestación mais grande celebrada na comarca á que asistiron tamén os representantes políticos de Psoe e PP, e que puideron escoitar estas mesmas reivindicacións na  lectura do manifesto “Futuro para A Mariña”, polo que agora Psoe e PP deben cumplir coa comarca, deixando de tirárense os trastos á cabeza buscando culpables en lugar de buscar solucións, e cumplindo dunha vez coa comarca que teñen abandonada.

Esta proposta está a presentala o BNG en todos os concellos da comarca, e foi aprobada no pleno de Viveiro a instancias da  portavoz nacionalista Miriam Bermúdez.