Skip to main content
Comarca AMARIÑAXADeportes AMARIÑAXADeportes TERRACHÁXAMuras

O 4º Rally Mariña Lucense será a vindeira fin de semana

Por 9 Maio, 2022Sin comentarios

A cuarta edición do Rally Mariña Lucense desenvolverase os días 13, 14 e 15 nos concellos de Viveiro, Xove, Cervo, Muras, Ourol e O Vicedo. O día 13 terá lugar a cerimonia de saída e presentación dos pilotos no Concello de Viveiro, onde se instalará o parque pechado de traballo no que se farán as verificacións técnicas.

A carreira, que é válida para o Campionato Galego de Rallies, terá 343,57 kilómetros, 106,30 deles cronometrados. A proba disputarase o día 14 e para o día 15 está prevista a entrega de trofeos. Nesta edición son 88 os pilotos inscritos.