Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Varias plataformas en defensa do tren únense nunha viaxe reivindicativa de Ferrol a Ribadeo

Por 25 Maio, 2022Sin comentarios

Varias plataformas uníronse a iniciativa conxunta coa que se pretende chamar a atención sobre os problemas do tren de ancho métrico e pedir solucións.

No caso da Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas que secunda a protesta xunto coa Plataforma pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo, a viaxe será o 29 de maio, e a idea plantexada é sair no rexional de Ferrol cara Ribadeo ás 8.20, subindo cada quen no seu apeadeiro/estación máis próximo, chegando ás 11.30 a Ribadeo, e collendo o relevo da xente que chega de Asturias, realizando un pequeno acto. Despois de xantar sairase ás 15.00 de Ribadeo e a chegada será a Ferrol ás 18.10.

“Sobra decir que animamos a acudir a todas aquelas persoas que teña na cabeza que non podemos perder algo tan importante e básico para as nosas comarcas é como o tren, e que non debemos deixar que cada vez, nolo poñan nunha situación máis precaria. É resposabilidade de todas que continúe a prestar servizo, e o faiga dunha maneira eficaz e eficiente; moi lonxe do que actualmente sucede”, din desde a Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas.

Os obxetivos que perseguen están claros e son o mantemento preventivo das unidades ata conseguir a práctica desaparición das incidencias por este motivo, e renovación e mantemento das infraestructuras (vias, estacións apeadeiros). Aumentar as frecuencias ou axustar horarios ás necesidades da poboación, informar en tempo real aos viaxeiros en todas as paradas sobre servizos e posibles incidencias. Que haxa interventores en todos os servizos, coordinar adecuadamente os servizos sustitutorios cando se produce unha incidencia, así como a puntualidade, con desviacións nunca superiores aos cinco minutos en destino.

Así mesmo piden a coordinación cos outros modos e medios de transporte, con billete único, para facilitar os transbordos nas viaxes que necesitan varias etapas entre orixe e destino. E tamén piden recuperar, en todos e cada un dos tramos, os menores tempos históricos de viaxe e ter conexión das liñas cos centros que xeran transporte de mercadorías ou multimodalidade destas como as Plataformas Loxísticas, portos marítimos e portos secos, etc).