Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca TERRACHÁXA

Adxudicado o contrato de mantemento dos museos provinciais

Por 27 Maio, 2022Sin comentarios

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, deu conta hoxe da adxudicación, en Xunta de Goberno, do contrato de mantemento e conservación das instalacións culturais e deportivas que dependen da institución provincial, cun importe total de 141.000 euros.

Este contrato permitirá atender avarías e incidencias do funcionamento cotiá e realizar intervencións de mantemento preventivo para conservar os edificios en condicións de seguridade. O contrato inclúe o Museo de Lugo, o Museo de San Paio de Narla, en Friol, o Pazo de Tor en Monforte, o Museo do Mar en San Cibrao, en Cervo, o Centro de Artesanía e Deseño e a Capela de Santa María. Ademáis inclúe tamén o Pazo dos Deportes e a Escola de Piragüismo.

Segundo explicou a Vicepresidenta, o contrato será dun ano prorrogable por outro máis que permitirá realizar “traballos de mantemento cotiás nestes edificios”.

O contrato licitouse o pasado mes de marzo, tras abordarse unha actualización de prezos nas unidades de obra que garantise a concorrencia das empresas e a continuidade da actividade e do emprego no sector.