Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

O cervense Antonio Basanta da o salto a Consellería de Mar como director xeral de Pesca

Por 28 Maio, 2022Sin comentarios

Foi mariñeiro de pesca e embarcacións de servizos portuarios, docente en diferentes cursos e mestrados das tres universidades galegas e ten participado e colaborado en varios proxectos da Unión Europea.

O cervense Antonio Basanta Fernández será a partir desta semana director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica en substitución de Mercedes Rodríguez Moreda. Nacido en San Cibrao (Cervo), era ata o de agora xefe de gabinete da Consellería do Mar. 

É licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) na especialidade de Administración Pública, Máster en Economía Pesqueira da USC, especialista en procesado e estudo de datos e ten experiencia como mariñeiro de ponte da Mariña Mercante. 

Ademais do cargo que desempeñou desde 2015 ata a actualidade, foi asesor da Consellería de Medio Ambiente entre 2004 e 2005, xefe de relacións institucionais e internacionais da Consellería do Mar entre os anos 2009 e 2012 e xefe de gabinete da Consellería do Medio Rural e do Mar desde 2012 ata 2015. Tamén foi mariñeiro de pesca e embarcacións de servizos portuarios, docente en diferentes cursos e mestrados das tres universidades galegas e ten participado e colaborado en varios proxectos da Unión Europea.