Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAMondoñedo

A Toxiza Bike de Mondoñedo será o Memorial Marcial Blanco

Por 16 Maio, 2022Sin comentarios

O Toxiza Clube de Montaña de Mondoñedo organiza para o día 19 de xuño a Toxiza Bike Memorial Marcial Blanco. Esta proba terá unha distancia de 38 quilómetros cun desnivel de 1400 metros.

As inscricións realizaranse a través da plataforma de Galitimig ata o día 12 de xuño de 2022 ás 23.59 horas. Con todo por motivos organizativos, existe un límite de prazas de 300 ciclistas, no que unha vez alcanzado pecharanse inscricións.

O prezo da inscrición será 18 euros e 12 máis se se desexa quedar a comer

Os dorsais poderán ser retirados o sábado de 18.00 a 20.30 ou o domingo desde 8.00 da mañá ata 15 minutos antes da saída. A saída realizarase desde a praza da Catedral de Mondoñedo ás 9.30 e a praza é o lugar escollido para a chegada.