Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

Aberto o prazo de inscrición para o Campus de verán do Club Ximnasia Viveiro

Por 23 Maio, 2022Maio 24th, 2022Sin comentarios

Volve o Campus de verán do Club Ximnasia Viveiro para pequenos a partir dos 4 anos e que practiquen ou non ximnasia rítmica. Haberá actividades de baile, preparación física, manexo de aparatos, técnica corporal, acrobacias, ballet, xogos… e moita diversión.

Este será do 4 ao 29 de xullo en horario de de luns a venres de 10 a 14 horas no pavillón Municipal, parque Pernas Peón e praia de Covas e terá prezo por semanas e desconto por irmáns. Tamén haberá servizo gratuito de madrugadores de 9 a 10 horas.

Para máis información e inscricións haberá que chamar ao 605 568 592 ou escribir ao campuscxviveiro@gmail.com antes do 30 de xuño.