Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

A IV carreira nocturna Rinlo-Ribadeo, suspendida por mor da covid-19, será o 20 de agosto

Por 29 Maio, 2022Agosto 20th, 2022Sin comentarios

A cuarta edición da carreira nocturna Rinlo-Ribadeo, programada para o día 22 de agosto do 2020 e que foi suspendida por mor da covid-19, retomarase o 20 de agosto de 2022.

O Club Altletismo Ribadeo anuncia que “xa está de volta a carreira nocturna, a  proba onde poderás desfrutar dunha emoción en cada metro, por un percorrido sen igual, nunha noite de verán e a carón do mar Cantábrico”.

As carreiras de menores desputaranse a partires das 20.00 horas na contorna do Parque de San Francisco e a Casa do Concello, agás as categorías Infantil e Cadete que terán a súa saída no Faro de Illa Pancha.

A absoluta farao ás 21.45 horas a vila de Rinlo e a meta diante da Casa do Concello da vila de Ribadeo, pechándose a entrada en meta as 23:00 e un percorrido dúns 9 kms. Nesta categoría será obrigatorio o uso de frontal de luz e aconsellable o uso de reflectores.

A saída absoluta terá lugar no Porto da vila de Rinlo e discurrirá pola estrada entorno á costa ata a vila de Ribadeo, pasando antes pola Illa Pancha, Cargadoiro e entrará na vila pola Avenida Calvo Sotelo, Rúa Rodríguez Murias e Vilafranca do Bierzo, rematando diante da Casa do Concello. 

As inscricións xa están abertas e pecharanse o 17 de agosto e haberá un límite de 700 participantes. Para máis información pódese consultar a web www.championchipnorte.com.