Skip to main content
Alfoz

Ugía Pedreira visitará Alfoz o sábado 14 de maio

Por 4 Maio, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A compositora e intérprete, natural de Vilaronte no Concello de Foz, Ugía Pedreira, visitará Alfoz o sábado 14 de maio ás 20.30 horas.

Así, fará gozar co seu novo disco e o seu debut en solitario, Segmento Cantábrico, será ás 20.30 horas no salón de actos da casa da cultura de Alfoz, da man da Delegación de Cultura Municipal.

Segmento Cantábrico contén un elegante equilibrio entre instrumentos máis orgánicos combinados coa música electrónica vintage, achegando un minipoemario. Baixo ou título ‘Atalaia Norte’. O álbum mestura spoken word, poesía e canción, e ten alma de folk progresivo, «que aúna formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e do folk americano». En canto ás letras, hai poemas da propia artista, do pintor vigués e afincado en Londres Enrique Gavilanes, de « Follas Novas» de Rosalía de Castro, da poeta laurentina Mariña Oural, de Carvalho Calero e Xela Arias, nun disco que propón «a música como curación».