Skip to main content
Alfoz

Vía Alfoz presenta dúas emendas no Pleno para a creación de axudas e o solo industrial

Por 24 Maio, 2022Sin comentarios

Alfoz celebrou un Pleno onte onde os concelleiros de Vía Alfoz puntualizaron e preguntaron diferentes cuestións sobre os orzamentos municipais.

“Neste Pleno tratouse o orzamento municipal e plantilla de persoal para o exercicio 2022. Chamounos a atención que propuxeron os orzamentos cunha financiación do 50% da Xunta de Galicia e só un 25% por parte da Deputación de Lugo sendo este último o organismo máis achegado ao Concello”, din desde o grupo municipal.

Ademais desde Via Alfoz presentaron dúas emendas, a primeira sobre a creación dun programa de axudas para autónomos e pemes dirixida a aumentar a súa competitividade, favorecer a recuperación trala pandemia e paliar os efectos do incremento dos custes enerxéticos. A segunda emenda presentada foi sobre a redacción dun plan especial para crear solo urbanizados destinado a uso industrial,

“O noso grupo viuse obrigado a absterse polas incoherencias do Goberno municipal na presentación dos orzamentos, dándolle prioridade a investir na cuberta da pista de pádel cando vemos moitas máis necesidades no noso Concello”, indicaron dende Vía Alfoz.

“Tamén nos sorprendeu que queiran cambiar as mesas da área do Castelo do Castrodouro para levalas para a escola de Lagoa e substituílas por unhas de madeira”, dende o grupo municipal cren que as mesas existentes son as axeitadas para a contorna do Castelo e que o lóxico sería conservalas e incluso arranxalas xunto cos bancos para que foran máis cómodas.

Os orzamentos aprobaronse unicamente cos votos do equipo de Goberno, “de forma unilateral e sen atender ás peticións do resto da veciñanza representada polo resto de partidos políticos”.