Skip to main content
Axenda CaducadaBarreirosDeportes AMARIÑAXA

Barreiros volver acoller un campus da Fundación Celta

Por 23 Maio, 2022Agosto 5th, 2022Sin comentarios

O Concello de Barreiros acollerá o Campus de Verán da Fundación Celta que terá lugar do 1 ao 3 de agosto agosto no campo das Valgas en San Miguel e, o 4 e 5 no campo do Cascabeiro en San Cosme.

O campus está dirixido a crianzas de 4 a 16 anos do municipio ou de fóra del que poderán mellorar a súa formación futbolísticas empregando metodoloxías lúdico-educativas de adestramento da canteira do RC Celta. Todo acompañado de aprendizaxes referentes á educación integral, aos valores de compañeirismo e superación.

O campus chega a Barreiros na semana do 1 ao 5 de agosto. Do 1 ao 3 no campo de As Valgas e do 4 ao 5 no campo O Cascabeiro, en horario de 9:45 a 13:45. Terá un coste de participación de 137 euros incluíndo o equipamento completo de adestramento. Con todo, o Concello de Barreiros habilita un prezo reducido de 105 euros para todas as nenas e menos empadroados en Barreiros a data do 01/01/2022.

Ademais todos os rexistrados antes do 6 de xuño recibirán de agasallo unha botella de aluminio -de 600 ml para a auga-, conmemorativo do 25 aniversario da Fundación Celta.

As inscricións xa están abertas, xunto con toda a información na web www.rccelta.es.