Skip to main content
Barreiros

Vilamartin Pequeno, en Barreiros, estará de festa en xuño

Por 30 Maio, 2022Xuño 18th, 2022Sin comentarios

A parroquia de Vilamartin Pequeno de Barreiros está de festa o 17 e 18 de xuño coas Festas na honra a San Xoán Degolado.

O 17 de xuño haberá unha gran gran verbena coa orquestra Blanco y Negro e o Combo Dominicano, ambas a partir das 22.30 horas,.
Xa o día 18 ás 13.15 horas será a misa e a procesión, e despois haberá sesión vermú a cargo do grupo Lume. Ás 15.00 será o xantar popular no campo da festa e estará servido por cátering A Rochela de Vilalba.

Pola noite será a quenda da verbena ás 21.00 horas coas orquestras Lume e D’Vicio. Para completar a festa contarán con atraccións incluído un toro mecánico e con carpa por se o tempo non acompaña.