Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

A Festa Castrexa de Burela coincidirá co San Xóan

Por 2 Maio, 2022Xuño 26th, 2022Sin comentarios

A asociación Burela Castrexa informou de que este ano se celebrará a Festa Castrexa a última fin de semana de xuño, é dicir, os días 24, 25 e 26.

Así, a noite do 23 de xuño dará comezo a festa temática burelesa cunha noite de lume na que haberá sardiñas e churrasco, pois celebrase tamén a fogueira de San Xóan fronte á praza do Concello.

As racións de churrasco serán a 10 euros ou a 8 si se merca o ticket de maneira anticipada, e as sardiñas a 8 ou. a 6 euros anticipadas. Os tickets estarán á venda na óptica Alain Affleou e en Gráficas Arfe e pola noite haberá música a cargo dun DJ.

A festa castrexa propiamente dará comezo a noite do día 24 cunha representación teatral de temática castrexa e queimada, o sábado 25 haberá xogos castrexos na praia , sesión vermú con orquestra, Búsqueda do Torques e pola noite haberá verbena.

Está previsto que haxa xantar nunhas carpas instaladas na praza do Concello e os restaurantes da vila contarán con menús castrexos para levar e consumir na propia praza.