Skip to main content
Burela

Costafreda Angeles exporá na sala de arte da casa da cultura de Burela

Por 5 Maio, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A pintora madrileña, Costafreda Angeles, asentada desde o inicio da pandemia na parroquia viveirense de Galdo, exporá na sala de arte da casa da cultura de Burela as súas obras realizadas.

A súa obra está caracterizada e realizada coa técnica xaponesa sumi-e nunha mostra chamada Pinceladas de Primavera que será inaugurada o vindeiro venres 6 de maio ás 19.30 horas.

Esta mostra estará aberta ata o 3 de xuño en horario de luns a venres de 11.00 a 13.00 e de 18.00 a 20.00 horas.