Skip to main content
Burela

Mañá darán comezo as festas patronais de Burela

Por 26 Maio, 2022Xuño 7th, 2022Sin comentarios

Mañá, venres 27 de maio, darán comezo as festas patronais de Burela que se desenvolverán ata o 7 de xuño. Esta cita darán comezo coa baixada da Vila do Medio no que se levará á Virxe do Carme en procesión ata a igrexa parroquial para a misa ás 21.00 horas.

O sábado 28 de maio ás 20.00 horas a xornada comezará co pregón que este ano corre a cargo da caboverdiana, Antonina Semedo, e será na casa da cultura. Por outra banda o domingo 29 ás 13.30 horas os Acordeonistas da Marinha actuarán na rúa do Hórreo.

Na xornada do martes 31 poderase desfrutar na casa da cultura ás 20.00 horas do documental de Paco Salgueiro, Burela: referentes do leces no século XX.  E o mércores 1 de xuño será o gran karaoke infantil e xuvenil ás 20.30 horas, e o xoves o karaoke para adultos ás 21.00 horas.

Xa chegando á fin de semana e véspera dos días grandes, o venres 3 de xuño haberá comezarán as actuacións musicais a cargo das orquestras Saúdade e América.

O sábado 4 de xuño, e Día da Baixada ao Porto, a xornada comezará ás 11.00 horas con pasarrúas seguido de sesión vermú e ademais ao longo do día estarase confeccionando a alfombra floral desde a igrexa parroquial ata o Porto. Xa pola noite, ás 20.00 horas, a agrupación musical Santo Inocencio de Burela e a Banda de Música de Foz actuarán na praza do Concello, e acto seguido será a misa na igrexa parroquial xunto coa procesión da baixada ao porto que contará con espectáculo de artificios de pólvora. Para pechar o día, as orquestras La Dimensión e Salvaje porán a nota musical.

O Día da procesión Marítima, o domingo 5, volverán os pasarrúas e a sesión vermú, e a misa nesta ocasión será ás 12.00 horas xunto coa procesión. Chegada a noite, Ritmo Joven e Combo Dominicano amenizarán a festa.

Ás 12.00 horas do luns 6 comezará a procesión desde o Porto ata a igrexa parroquial con misa cantada, seguida de sesión vermú e a verbena da noite con Solara e Panorama que pechará así o tocante ao panorama musical das festas.

Por último, o derradeiro día de festa, será a cerimonia da ofrenda floral á virxe do Carme no Porto de Burela.

As festas patronais de Burela serán desde o venres 27 de maio ata o 7 de xuño e contarán con grandes orquestras como Panorama, Combo Dominicano ou Ritmo Joven.