Skip to main content
Cervo

O Concello de Cervo ten aberto o prazo para a Escola Infantil

Por 3 Maio, 2022Sin comentarios
O Concello de Cervo ten aberto o prazo de renovación e novo ingreso para o curso 2022-2023 na Escola Infantil Municipal de Cervo. As inscricións deberán formalizarse no Rexistro Xeral do Concello de Cervo.

O documento para a formalización pode recollerse no mesmo Concello, na Casa da Cultura ou descargarse a través do seguinte enlace.

As familias teñen ata o vindeiro 23 de maio para formalizar a súa inscrición para o vindeiro curso.

A Escola Infantil Municipal de Cervo sitúase na planta baixa da Casa do Mar de San Ciprián na cal podemos atopar tamén diferentes dependencias que son empregadas para diferentes actividades de carácter social así como ao uso das asociacións veciñais.