Skip to main content
Cervo

O BNG de Cervo di que o aparcadoiro de autocaravanas “asemella chabolismo”

Por 8 Maio, 2022Sin comentarios

O BNG de Cervo afea ao Goberno local co servizo de de aparcadoiro de autocaravanas que ofrece o Concello xa que se atopa “nunha zona masificada e mesmo asemella chabolismo sobre rodas”.

Segundo as páxinas oficiais, o número de prazas permitidas é 10 e as horas de estancia son 48 as permitidas, “habitualmente se superan o número de prazas”, din dende o BNG.

Non temos dúbidas da utilidade que este servizo pode ter para as cada vez mais persoas que se decantan por este transporte para gozar das súas vacacións”, din os nacionalistas, “trátase dun servizo moi necesario e tamén é unha maneira de evitar a presenza destes vehículos nas rúas e outras zonas do Concello”.

Pero como todo servizo, “ten que estar regulado, vixiado e controlado, para non converterse, como está a suceder, nunha zona masificada  na que algúns ocupan prazas durante meses sen que ninguén lles chame a atención”, din dende o BNG.

“Do que se trata é de dar un servizo mínimo e non facer competencia desleal a outros negocios no noso Concello”, rematan dicindo.