Skip to main content
Cervo

Seguen os concertos en Cervo da Caixa de Música

Por 13 Maio, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo segue o ciclo de concertos A Caixa de Música este domingo 15 na Praza dos Campos de San Cibrao. A actuación, que correrá a cargo do grupo Os Acordeonistas da Mariña e terá lugar ás 13.30 horas.

O ciclo de concertos A Caixa de Música pretende diversificar as actuacións musicais no municipio, ofrecendo un programa con estilos clásicos de bandas musicais da nosa contorna.

O programa vai dirixido a toda a familia, posto que os concertos están calendarizados en fin de semana ou festivos, á hora do mediodía, en diferentes emprazamentos da vila.