Skip to main content
Cervo

Cervo crea unha cancha de volei na praia do Torno

Por 13 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo acaba de crear unha cancha de volei praia no Torno, en San Cibrao, en concreto na zona da ría.

O edil de Deportes, David Rodríguez, estivo supervisando os traballos que, tal e como explicou, consistiron “na instalación dos mastros que quedaron soterrados, no movemento e achandado de area para darlle consistencia e forma á pista empregando a unha pala, na instalación dunha rede profesional de volei praia, e na delimitación da cancha a través de cintas que quedarán instaladas de xeito permanente”.

Tal e como apuntou Rodríguez “a creación deste campo responde ao interese crecente que detectamos en Cervo por este deporte, xa que este último curso máis de 70 mozos e mozas practicaron volei no seo das Escolas Deportivas Municipais e tamén a través do C.D. San Ciprián”.

Con esta nova dotación deportiva –continuou- “dámoslle ademais á veciñanza unha alternativa máis para a práctica da actividade física; aproveitando ademais a partir de agora a chegada do bo tempo e o beneficio que supón practicar deporte ao aire libre”.