Skip to main content
Cervo

O BNG de Cervo carga contra os servizos bibliotecarios que ofrece o Concello

Por 19 Maio, 2022Sin comentarios

O BNG de Cervo carga contra os servizos bibliotecarios que ofrece o Concello pois non se axustan aos nacionais e internacionais.

Un dos principais obxectivos das bibliotecas públicas reguladas por leis é un acceso guiado e igualitario á información e á cultura para toda a cidadanía. “Na propia web municipal aparecen recollidos os servizos bibliotecarios ofertados”, din dende o BNG, “o problema é que tales servizos non están dispoñibles e que a biblioteca se atopa en situación de abandono total”.

“Este Concello conta con dous puntos de servizos bibliotecarios: o Punto de Lectura de Cervo localizado na Praza do Concello e a Biblioteca Pública Municipal como tal, situada na segunda planta da Casa da Cultura de San Cibrao”, engaden.

Segundo o BNG cervense non hai ningún director de biblioteca, nin técnico bibliotecario, nin sequera auxiliar de biblioteca, que estea a facerse cargo do servizo e as función que lles son propias: servizo de información, de préstamo, custodia do fondo, servizos de extensión bibliotecaria e cultural, de animación á lectura, renovación dos fondos, solicitude de subvencións, etc.

Tal como di a lei antes citada, o responsable de que este servizo funcione é o titular da biblioteca, polo tanto o Concello, “que ten a obriga de encargarse tanto do persoal coma das instalacións”, din. “O Concello nin pensa nin ten pensado dotar duns mínimos legais a Biblioteca Pública de San Ciprián, e isto despois da gran inversión que supuxo a propia Casa da Cultura para, finalmente, tela practicamente baleira e sen servizos”, remata dicindo o BNG de Cervo.