Skip to main content
Cervo

Comezan as actividades de Mariña Patrimonio cunha conferencia do arqueólogo Roberto Bartolomé

Por 23 Maio, 2022Maio 28th, 2022Sin comentarios

Comezan as actividades programadas por Mariña Patrimonio para o 2022 retomando unha conferencia, cancelada no pasado mes de novembro, a cargo do arqueólogo Roberto Bartolomé, que nos falará sobre os restos cerámicos atopados no xacemento da Atalaia en San Cibrao.

A actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, celebrarase o vindeiro sábado 28 de maio ás 18.30 horas no Museo Histórico da Casa da Administración de Sargadelos.

Dende o 2006, no xacemento de Punta Atalaia téñense realizado diversas intervencións arqueolóxicas, que demostraron a existencia dun importante asentamento galaico-romano así como a reocupación do lugar na Idade Media. Un dos aspectos máis relevantes destas intervencións é o abundante e variado conxunto de materiais cerámicos atopados no transcurso das escavacións. Este material cerámico amósanos a importante actividade comercial que se desenvolveu dende a Atalaia con Lugo e maila Meseta, ademais de conexións comerciais co Atlántico – Cantábrico e co Mediterráneo.

Sen dúbida, as persoas que se acheguen o vindeiro sábado ao Museo Histórico da Casa da Administración de Sargadelos sorprenderanse da interesante información que revelan os restos cerámicos atopados no xacemento arqueolóxico de Punta Atalaia.