Skip to main content
Foz

O Concello de Foz mellora o firme de viais en San Martiño e Vilaronte

Por 5 Maio, 2022Maio 6th, 2022Sin comentarios

O Concello de Foz, grazas ao apoio do Parque de Maquinaria de Deputación de Lugo, procedeu á mellora do firme en 2,5 quilómetros de viais cun triple tratamento superficial de rego asfáltico nas parroquias de San Martiño e Vilaronte.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que en San Martiño actuouse no camiño de Xunqueira, no acceso á área recreativa de Ferreira Vella e nun vial en Vilacendoi, cunha lonxitude total de 1,01 quilómetros. “Son viais moi utilizados por veciñas e veciños e para os que nos solicitaron o seu arranxo, tamén desde a asociación de veciños. A maioría datan da época da concentración parcelaria e presentaban unha conservación deficiente”, destaca o rexedor municipal.

Fran Cajoto engade que “en Vilaronte actuouse en Seoane -con camiños tamén pendentes de adecentar que se asfaltarán con cargo ao Plan Único 2022- en Xinzo e na zona de Escanlar. Renovamos completamente o camiño de acceso ao Punto Limpo e á canceira municipal desde a estrada a Ferreira, que ten unha circulación diaria ben importante. Tamén asfaltamos os máis de 450 metros cadrados da explanada de entrada ao Punto Limpo, que tiña un firme en zahorra. Agora será moito máis cómodo para todas as veciñas e veciños a utilización deste servizo: recordamos a todos a importancia de non deixar os enseres que xa non teñen uso abandonados xa que hai unhas instalación municipais perfectamente acondicionadas para este fin”.

O Concello de Foz continúa traballando na mellora das súas infraestruturas.