Skip to main content
Foz

Remataron as melloras na rúa da Constitución da vila focense

Por 10 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Foz anuncia que remataron as obras de mellora na rúa da Constitución da vila focense entre rúa do Porto e Conde de Fontao.

Os traballos consistiron na demolición do firme existente de adoquíns prefabricados sobre cama de morteiro e na substitución por un formigón de color con fibras e mallazo. Foron realizados por persoal municipal e supervisados polo alcalde, Fran Cajoto, e o concelleiro Javier Fraga.

O rexedor municipal explica: “optamos polo firme de formigón debido á intensidade de tráfico neste tramo, que continúa pechado ata que o formigón adquira as resistencias necesarias: segundo indican os técnicos, o resultado dos ensaios que se van a realizar este venres, día 13, determinarán se o podemos abrir ao tráfico nesa xornada ou hai que agardar uns días máis. Era unha obra moi necesaria debido ao mal estado que presentaba o firme de adoquíns existente”.

Os traballos prolongaranse noutros 36 metros na rúa da Constitución, para reparar todos os tramos que están deteriorados.

O alcalde pide “desculpas a veciñas e veciños polas molestias que están a causar as obras, que dificultan moito a circulación nesta parte da vila. Agardamos poder rematar canto antes para poder desfrutar dunha rúa da Constitución en bo estado”.