Skip to main content
Foz

Rematadas as obras na estrada que une Foz e Alfoz por San Acisclo

Por 13 Maio, 2022Sin comentarios

Remataron as obras de mellora na estrada provincial que une Foz e Alfoz por San Acisclo, a LU-P-0210. Esta estrada sufriu obras de ampliación e acondicionamento que está estivo executando a Deputación de Lugo cun investimento de 110.500 euros.

Os traballos, que se desenvolveron entre os puntos quilométricos 5,1 e 5,3, consistiron na ampliación e acondicionamento da vía con aglomerado en quente, así como na dotación de iluminación e beirarrúas. 

Estas actuacións resolveron un problema de seguridade e benefician a numerosos veciños e veciñas ao tratarse dunha estrada que soporta moito tráfico ao ser unha das principais vías que une Foz con Alfoz, sendo o camiño máis corto para chegar á costa. Ademais, dá servizo aos serradoiros de madeira da zona, que reciben un elevado número de vehículos cada día.

Con estas obras, complétase a  renovación desta vía na súa totalidade, que xa se atopa ensanchada e adecentada no resto de treitos.