Skip to main content
Foz

O novo parque da rúa Uxío Novoneyra de Foz contará con dúas pistas de petanca ademais de zona infantil

Por 25 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Foz anuncia o inicio dos traballos de construción do novo parque da rúa Uxío Novoneyra, que contará con dúas pistas de petanca ademais de zona de ocio infantil. As obras foron adxudicadas por 57.233 euros a Oziona Soluciones de Entretenimiento SL e son financiadas con cargo ao Plan Único 2021 da Deputación de Lugo.

O alcalde de Foz indica que “o proxecto inclúe a renovación total do parque da rúa Uxío Novoneyra, que contará coas dúas pistas de petanca, as primeiras da Mariña que contan con 15 metros de lonxitude e 4 de anchura, ademais dunha zona de ocio infantil con pavimento de caucho continuo con varios xogos: estrutura con tobogán, randeeira mixta con portabebé e dúas figuras de arrandear con resortes. O novo parque de Uxío Novoneyra contará tamén con 8 bancos distribuídos na superficie do recinto, que estará conformado por un pavimento de formigón impreso.Agardamos que estea rematado no mes de xuño, para que nenas, nenos e maiores o podan desfrutar xa co bo tempo do verán”.

Fran Cajoto engade que “a renovación deste parque era unha demanda veciñal ante o mal estado que presentaba e encádrase dentro dos traballos de mellora e mantemento de espazos públicos que iniciou o goberno municipal desde o inicio do mandato”.